domingo, 28 de junio de 2020

RESUMO DO CURSO 2019-2020

Aí vos deixamos un enlace a tooodas as actividades que realizamos dende a biblioteca neste curso escolar 2019-2020. Só tedes que pinchar enriba de cada carpeta para ver as fotos.
Aínda que foi  un curso extraño deunos tempo a facer un montón de actividades que esperamos retomar con ilusión en Setembro.
Bo verán rapazas e rapaces!

https://drive.google.com/drive/folders/1fDUPuH8RvkHJny7uiU3UzUZnmsjje0Qe


viernes, 19 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS VERAN 2020

Pois para rematar este curso tan peculiar, os profes queremos facervos unhas recomendacións literarias para que leades neste verán, esperemos que vos gusten!
Saudos e apertas dende o cole!

lunes, 18 de mayo de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

A profe Maite fixo esta montaxe baseada non conto de Carballo Calero, "As pitas baixo a choiva". Botádelle un ollo!

Se queredes saber un pouquiño sobre a vida de Carballo Calero, aí tedes unhas fichas con pasatempos sobre a sua vida e obra , que fixo o profe Chema.

domingo, 17 de mayo de 2020

Os Bolechas.Carbalho Calero

Os Bolechas queren dar a coñecer aos nenos e nenas galegas o persoeiro a quen se lle dedica, este ano 2020, o Día das Letras galegas. Será a través dunha das suas obras máis importantes: Scórpio.

Aquí vos deixamos o enlace do conto en PDF.

LIBRO DOS BOLECHAS DE CARVALHO CALERO



Calaméo - Bolechas Libro Carvalho Calero

Na seguinte páxina web tamén atopareces moitos recursos divertidos para coñecer máis cousas da vida de Ricardo Carvalho Calero

Recursos para coñecer a Ricardo Carvalho Calero

 Bo día das Letras Galegas!

LETRAS GALEGAS 2020.RICARDO CARVALHO CALERO

Hoxe 17 de Maio celebramos o día das letras galegas , este ano adicadas a Ricardo Carvalho Calero. Coma os rapaces seguen traballando dende a casa aí vos deixamos unha escolma de traballos realizados por rapaces de 1º ciclo, e un vídeo de poemas inventados polos rapaces de 3º ciclo. Bo día para tod@s!! 

miércoles, 6 de mayo de 2020

CONTOS CANTADOS : "P DE PAPÁ" E "UN PESADELO NO MEU ARMARIO"

Dous contiños mais, o estupendo "P de papá"  recitado polo alumnado de 1º e 2º de primaria ,montaxe feita este curso para o día do pai.
 E  "Un pesadelo no meu armario" tocado e cantado polo alumnado de 3ºe 4º de primaria. A cantar!




martes, 5 de mayo de 2020

CONTOS CANTADOS: LIMÓN, ZAPATO,LÚA E PIÑEIRO.

A relación entre a clase de música e a biblioteca é moi estreita, de feito en moitas clases de música aprendemos cancións inspiradas en contos, e logo acompañámolas con instrumentos. Aí tedes unha chea de contiños da coleción "Do berce á lúa" da editorial kalandraka, cantados por vos, as nenas e nenos do Ceip.Armenteira.