Aí vos deixamos un enlace a tooodas as actividades que realizamos dende a biblioteca neste curso escolar 2019-2020. Só tedes que pinchar enriba de cada carpeta para ver as fotos.
Aínda que foi un curso extraño deunos tempo a facer un montón de actividades que esperamos retomar con ilusión en Setembro.
Bo verán rapazas e rapaces!
https://drive.google.com/drive/folders/1fDUPuH8RvkHJny7uiU3UzUZnmsjje0Qe
domingo, 28 de junio de 2020
viernes, 19 de junio de 2020
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS VERAN 2020
Pois para rematar este curso tan peculiar, os profes queremos facervos unhas recomendacións literarias para que leades neste verán, esperemos que vos gusten!
Saudos e apertas dende o cole!
Saudos e apertas dende o cole!
lunes, 18 de mayo de 2020
AS PITAS BAIXO A CHOIVA
A profe Maite fixo esta montaxe baseada non conto de Carballo Calero, "As pitas baixo a choiva". Botádelle un ollo!
Se queredes saber un pouquiño sobre a vida de Carballo Calero, aí tedes unhas fichas con pasatempos sobre a sua vida e obra , que fixo o profe Chema.
domingo, 17 de mayo de 2020
Os Bolechas.Carbalho Calero
Os Bolechas queren dar a coñecer aos nenos e nenas galegas o persoeiro a quen se lle dedica, este ano 2020, o Día das Letras galegas. Será a través dunha das suas obras máis importantes: Scórpio.
Aquí vos deixamos o enlace do conto en PDF.
LIBRO DOS BOLECHAS DE CARVALHO CALERO
Na seguinte páxina web tamén atopareces moitos recursos divertidos para coñecer máis cousas da vida de Ricardo Carvalho Calero
Recursos para coñecer a Ricardo Carvalho Calero
Bo día das Letras Galegas!
Aquí vos deixamos o enlace do conto en PDF.
LIBRO DOS BOLECHAS DE CARVALHO CALERO
Na seguinte páxina web tamén atopareces moitos recursos divertidos para coñecer máis cousas da vida de Ricardo Carvalho Calero
Recursos para coñecer a Ricardo Carvalho Calero
Bo día das Letras Galegas!
LETRAS GALEGAS 2020.RICARDO CARVALHO CALERO
Hoxe 17 de Maio celebramos o día das letras galegas , este ano adicadas a Ricardo Carvalho Calero.
Coma os rapaces seguen traballando dende a casa aí vos deixamos unha escolma de traballos realizados por rapaces de 1º ciclo, e un vídeo de poemas inventados polos rapaces de 3º ciclo.
Bo día para tod@s!!
miércoles, 6 de mayo de 2020
CONTOS CANTADOS : "P DE PAPÁ" E "UN PESADELO NO MEU ARMARIO"
Dous contiños mais, o estupendo "P de papá" recitado polo alumnado de 1º e 2º de primaria ,montaxe feita este curso para o día do pai.
E "Un pesadelo no meu armario" tocado e cantado polo alumnado de 3ºe 4º de primaria. A cantar!
E "Un pesadelo no meu armario" tocado e cantado polo alumnado de 3ºe 4º de primaria. A cantar!
martes, 5 de mayo de 2020
CONTOS CANTADOS: LIMÓN, ZAPATO,LÚA E PIÑEIRO.
A relación entre a clase de música e a biblioteca é moi estreita, de feito en moitas clases de música aprendemos cancións inspiradas en contos, e logo acompañámolas con instrumentos. Aí tedes unha chea de contiños da coleción "Do berce á lúa" da editorial kalandraka, cantados por vos, as nenas e nenos do Ceip.Armenteira.
miércoles, 29 de abril de 2020
LENDO NA DISTANCIA: UXÍA E ANTÍA
Uxía envianos este vídeo lendo na distancia : O diario de Niky.
Gracias Uxía!
Gracias Uxía!
E Antía lenos un anaquiño de "Contos para levar no peto". Gracias Antía!
lunes, 27 de abril de 2020
LENDO NA DISTANCIA :MAITE E LEO
Maite e Leo enviannos dende Sebil este fermoso vídeo, moi ben acompañados por certo, no que nos len o estupendo conto :
"O granxeiro e o veterinario".
"O granxeiro e o veterinario".
jueves, 23 de abril de 2020
LENDO NA DISTANCIA AS PROFES :AS MARÍAS E AS PAULAS
As profes tamén queremos participar nesta iniciativa de ler para todos vós, con moito cariño dende as nosas casas!!
LENDO NA DISTANCIA : NEREA E NICO
Hoxe para celebrar o día do libro temos moitos vídeos que iremos colgando ao longo do día, imos comezar con Nerea que nos le "Mamá no me contó" e Nico "Ninja Kid".
Moitas grazas e feliz día do libro!
Moitas grazas e feliz día do libro!
miércoles, 22 de abril de 2020
LENDO NA DISTNCIA, CELIA E ÁNGEL
Seguen chegando vídeos de rapaces lendo na distancia, mirade a Celia que nos le unha historia de "Contos por teléfono" de Gianni Rodari e Ángel un cachiño do Diario de Greg.
lunes, 20 de abril de 2020
INAUGURAMOS ESTE BLOGUE!
Hai un ano estábamos a piques de inaugurar a nosa nova biblioteca, un ano despois,e nestas extrañas circunstancias, inauguramos este blogue onde os mestres colgaremos diversas actividades relacionadas coa biblioteca escolar, aproveitando que este xoves é o día do libro.
Iniciamos o blog cunha iniciativa ( Lendo na distancia) que coñecimos gracias a dous pequenos amigos, Carmen e Rodrigo do Ceip.Montemogos en Beluso,Bueu. Gracias !!!
Pois aquí no cole da Armenteira os irmáns Varela , Irene e Alejandro, son os primeiros que se sumaron a esta iniciativa ,aí tedes as suas lecturas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)