lunes, 18 de mayo de 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

A profe Maite fixo esta montaxe baseada non conto de Carballo Calero, "As pitas baixo a choiva". Botádelle un ollo!

Se queredes saber un pouquiño sobre a vida de Carballo Calero, aí tedes unhas fichas con pasatempos sobre a sua vida e obra , que fixo o profe Chema.

domingo, 17 de mayo de 2020

Os Bolechas.Carbalho Calero

Os Bolechas queren dar a coñecer aos nenos e nenas galegas o persoeiro a quen se lle dedica, este ano 2020, o Día das Letras galegas. Será a través dunha das suas obras máis importantes: Scórpio.

Aquí vos deixamos o enlace do conto en PDF.

LIBRO DOS BOLECHAS DE CARVALHO CALERO



Calaméo - Bolechas Libro Carvalho Calero

Na seguinte páxina web tamén atopareces moitos recursos divertidos para coñecer máis cousas da vida de Ricardo Carvalho Calero

Recursos para coñecer a Ricardo Carvalho Calero

 Bo día das Letras Galegas!

LETRAS GALEGAS 2020.RICARDO CARVALHO CALERO

Hoxe 17 de Maio celebramos o día das letras galegas , este ano adicadas a Ricardo Carvalho Calero. Coma os rapaces seguen traballando dende a casa aí vos deixamos unha escolma de traballos realizados por rapaces de 1º ciclo, e un vídeo de poemas inventados polos rapaces de 3º ciclo. Bo día para tod@s!! 

miércoles, 6 de mayo de 2020

CONTOS CANTADOS : "P DE PAPÁ" E "UN PESADELO NO MEU ARMARIO"

Dous contiños mais, o estupendo "P de papá"  recitado polo alumnado de 1º e 2º de primaria ,montaxe feita este curso para o día do pai.
 E  "Un pesadelo no meu armario" tocado e cantado polo alumnado de 3ºe 4º de primaria. A cantar!




martes, 5 de mayo de 2020

CONTOS CANTADOS: LIMÓN, ZAPATO,LÚA E PIÑEIRO.

A relación entre a clase de música e a biblioteca é moi estreita, de feito en moitas clases de música aprendemos cancións inspiradas en contos, e logo acompañámolas con instrumentos. Aí tedes unha chea de contiños da coleción "Do berce á lúa" da editorial kalandraka, cantados por vos, as nenas e nenos do Ceip.Armenteira.